Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2015-2016 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura... Seguir lendo →
Nocturno e O Lápis na despedida de Ágora
O mellor de cando unha etapa chega ao seu fin, é que podemos iniciar outra con ilusión renovada tendo a experiencia do xa vivido na nosa maleta. Este é o caso da Bebeteca Ágora, que despois de dezaseis sesións e oito meses de traballo, di adeus da man da ilustradora colombiana Paula Bossio, desfrutando dun... Seguir lendo →
¡Eso es todo amigos!
El pasado sábado 23 de mayo, en la biblioteca del Forum Metropolitano, hemos despedido esta temporada de Bebencontros con una sesión conjunta para los bebés de 0 a 24 meses, donde la magia de las palabras que habitan en los cuentos reinaron durante toda la sesión, a través de las voces de los bibliotecarios. En estos siete meses... Seguir lendo →
A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil
O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos... Seguir lendo →
“Un libro” de Hervé Tullet fía as sesións de pictogramas nas Bebescolas de Ágora
“Se mo dis, esquecereino. Se mo explicas, lembrareino. Se me implicas, farémolo xuntos” Esta frase de Benjamin Franklin é un bo exemplo do que estar a ser a esencia de traballo da Bebeteca Ágora en relación ás Escolas Infantís insertas na área de influencia do noso barrio. Lembro que en maio de 2013, iniciouse un... Seguir lendo →
Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses
Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm... que delicia! Todos queriamos... Seguir lendo →
Non hai berce coma o colo nos Bebencontros de Ágora
O son da memoria, esta frase que serviu hai dez anos para denominar uns encontros no CCG vencellados á música, é un bo xeito de definir a sesión que tivemos o pasado sábado na bebeteca de Ágora. A importancia da oralidade, da música e dos contos tradicionais musicados que tan ben nutren a nosa cultura... Seguir lendo →
A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses
Se chove, que chova! como di o anuncio, xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos, estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →
Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!
Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →
Bebeteca Ágora, así nos ve a mocidade
“Todos son benvidos” Con estas palabras encabezaba un artigo hai uns anos Barbara J.Ford, a ex presidenta da Asociación de Bibliotecas Americanas e directora durante moitos anos do “Centro Mortenson” da Universidade de Illinois, especializado en fortalecer os lazos internacionais entre bibliotecarios. Pois ben, dende a Biblioteca Ágora facemos nosas estas palabras e, como biblioteca pública con... Seguir lendo →
E o señor Coc abriunos as portas na Biblioteca Infantil
Da man do Señor Coc comezamos o sábado pasado, 25 de outubro, unha nova andanza dos Bebencontros na Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil. Con Martín, Ricardo, Noa, Miguel Anxo, Lía, Pablo, Simón, Vera e Nuno entramos na casa do señor Coc, descubrimos cada unha das súas estancias e o que nelas fai tódolos días. Todos xuntos... Seguir lendo →
Xa están aquí os Bblotes da Infantil!
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós. Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades: Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar... E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles... Seguir lendo →