GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN

Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos.  Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →

As mans e os dedos para xogar e contar

Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →

No día Día Internacional do Libro Infantil 2020 convén lembrar…

Dende que decretaron o Estado de Alarma e nos vimos coas crianzas na casa, o que máis ou o que menos recibiu indicacións da escola, do Ministerio, das editoriais, dos escritores, dos ilustradores, dos artistas, dos mediadores, dos artistas e das bibliotecarias de cómo fomentar a lectura e crear hábito lector na familia. Pois ben,... Seguir lendo →

BbLinguas: aprendizaxe sen fronteiras

«Se falas cunha persoa nun idioma que comprenda, chegas á súa cabeza. Se falas con ela no seu idioma, chegas ao seu corazón» Nelson Mandela Os bebés comprenden o que sucede no seu entorno antes de poder falar. A súa capacidade de adquirir coñecementos é prodixiosa, desde os primeiros meses de vida apreciamos como a... Seguir lendo →

Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →

Live · Love · Green

"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →

… unha achega ás estrelas!

"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑