Se chove, que chova! como di o anuncio, xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos, estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →
Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!
Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →
Que é o que esconde o pequeno Edu? Bebencontro de 13 a 24 meses
Un sábado máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil, xuntámonos para participar na sesión na que o Pequeno Edu nos ía aprender unha das partes do corpo, a cabeza! Para elo contamos coa presenza de Martina, Antón Regueira, Antón Prieto, Pablo, Nico, Mael, Jana, Iria, Belen e Daniel e as súas mamás e papás. Edu amosounos o... Seguir lendo →
E o señor Coc abriunos as portas na Biblioteca Infantil
Da man do Señor Coc comezamos o sábado pasado, 25 de outubro, unha nova andanza dos Bebencontros na Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil. Con Martín, Ricardo, Noa, Miguel Anxo, Lía, Pablo, Simón, Vera e Nuno entramos na casa do señor Coc, descubrimos cada unha das súas estancias e o que nelas fai tódolos días. Todos xuntos... Seguir lendo →
Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.
Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións. A pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles... Seguir lendo →
Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil
O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores. Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da... Seguir lendo →
Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: A que sabe a lúa?
Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos... Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de Jo... Seguir lendo →
Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil: ¿Un gato?
Un tarde máis na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas... Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de "¿Un gato?"... Seguir lendo →
Bebencontro da Biblioteca Infantil: Disfrazando ao Señor Coc
Nesta nova sesión de bebeteca da Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil, participaron Lucas, Jorge, Román, Greta, Anabel, Sabela, Pablo, Eduardo e Santi e as súas familias e adicámonos a disfrazar ao Señor Coc co seu libro " Los disfraces del Señor Coc" de Jo Lodge, ademáis de descubrir novos e imaxinarios animais a través dos contos "El Varvo" e... Seguir lendo →
Homenaxe a Mª Elena Walsh na Bebeteca Ágora
Mª Elena Walsh, artista revolucionaria arxentina, emblema na literatura e canción infantil a nivel internacional, referente para o colectivo homosexual e feminista, muller cunha vida e obra que foron un todo nun momento de grandes transformacións sociais, políticas e culturais dos anos 60 e 70 do século XX. Esta escritora, poetisa e compositora arxentina, aterrou esta... Seguir lendo →
Bebencontro na Bibliotea Infantil, 19 de decembro
Unha tarde máis na Biblioteca Infantil nenos, nenas, mamás, papás e avoas gozaron do ritmo, das verbas e dos xogos, cos que recoñecemos as partes do noso corpo e como poden moverse. Pablo, Naiara, Leo, Nico, Alejandra, Leo, Iago, Juan, Sabela e os seus papás e mamás aprenderon que cos movementos dos animais podemos facer... Seguir lendo →
Move o teu corpo!
O sábado 30 de novembro tivemos a segunda sesión de Bebeteca de 13 a 24 meses. Ana, Clara, Claudia, Jimena, Leo e Telmo e as súas familias desfrutaron dunha sesión "moi movida", onde a cor laranxa tamén tivo o seu protagonismo. El naranja es fuerza y energía como comer una naranja al día. Las zanahorias... Seguir lendo →