Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos…
Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de Jo Lodge. Aprendemos que os pitiños fan PIO PIO PIO, as rás CRUA CRUA CRUA….
Para despedirnos do Señor Coc contámoslle o conto de “A que sabe a lúa?” , onde os animais, con moito esforzo, acadan un anaquiño de lúa que lles sabe, exactamente, ó que máis lle gusta a cada un.
Ao final, puxémonos a imitar aos diferentes animais acompañándoo de imaxes. Como camiñan, que ruidos fan…un xogo moi divertido que ademáis axuda ao desenvolvemento psicomotor, moi relevante para o progreso das habilidades básicas de aprendizaxe.
Non esquezades que temos as fotos das sesións no noso Flickr para que vexades o ben que o pasamos todos xuntos.
Deixar unha resposta