Un tarde máis na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas…
Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de “¿Un gato?” de Guido van Genechten.
Non se nos pode esquecer o noso amigo o señor Coc, que nos mostrou a súa casa e nos ensinou unhas rimas moi divertidas con ” La casa del Señor Coc” de Jo Lodge.
Ademais, como xa sabemos, o xogo é o medio máis divertido e natural en que os máis pequenos se relacionen co seu ámbito e coas persoas que lle rodean, por iso non dubidamos en xogar todos xuntos ao Cucú-trás, tanto pequenos coma maiores gozamos dun momento cheo de risas e sorpresas.
Xa sabedes que máis fotos da sesión se atopan no noso Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Deixar unha resposta