"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →
“Non, non e non” en CantoConto!
Estos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o... Seguir lendo →
Xogar “ao diferente” · Xogar coas palabras
Vivimos nunha sociedade cambiante, na que existen fluxos migratorios que fan que a nosa comunidade sexa diversa en canto á cultura, raza, etnias… É preciso que dende idades temperás exista unha educación na diversidade, no respecto, na comprensión entre grupos culturais diferentes. A nosa labor como biblioteca é, en primeiro lugar, facer palpable a diferenza... Seguir lendo →
All You Need Is Love…
... ou a necesidade de transmitir afecto e cariño Falar de All You Need Is Love é retroceder no tempo, viaxar ata os anos 60 e festexar un canto á liberdade, á paz e ao amor da man dos coñecidos Beatles. Mais para nós, falar de All You Need Is Love supón compoñer unha nota... Seguir lendo →
Cos avós en CantoConto!
Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →
Hola, doutor! en CantoConto!
Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →
Meu amor estoupa! en CantoConto!
“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións. Os cativiños... Seguir lendo →
“Imprescindibles” nas lecturas miúdas
Mesturamos contos, arte e natureza para celebrar o Día da Biblioteca! O pasado sábado, 24 de Outubro, quixémoslle rendir unha pequena homenaxe á biblioteca e a todas aquelas persoas que a fan posible. Como vehículo, o desfrute dunha actividade de promoción lectora baseada na creatividade. Amosamos a ilustración como método de aprendizaxe para traballar a... Seguir lendo →
Isto aquí remata!!! 10 anos de Os Nosos Contos
Onte, xoves 28 de maio, foi a derradeira Festa Final de Os Nosos Contos, vivimos momentos moi emotivos e de reencontro con compañeiras que estiveron en ONC e agora xa non están (Emma, Gema, Vero, Chus e Memé), entre todas quixemos facer un tributo ás familias que cada quince días, os xoves, veñen ás... Seguir lendo →
Noemí Villamuza nos Bebencontros de Ágora
Afeccionada a debuxar e a despistarse nos estudos desde nena. Deste xeito se presenta a si mesma Noemí Villamuza, a ilustradora que guiou a nosa sesión de Bebencontros o pasado sábado na Biblioteca Ágora. O seu primeiro conto, Óscar y el león de correos, editado por Anaya no 1998, foi Premio Nacional de Literatura Infantil en 1999. No... Seguir lendo →
Unha achega ao “diferente”
É un feito que vivimos nun mundo globalizado, rodeados dun enorme abano de culturas que se mesturan para conformar unha identidade heteroxénea. Pero tamén é unha realidade que formamos parte desa grande diversidade, incluídos os nosos bebés, e percibímola no día a día: falando na escola, xogando no parque ou camiñando polo barrio. É importante... Seguir lendo →
“Un libro” de Hervé Tullet fía as sesións de pictogramas nas Bebescolas de Ágora
“Se mo dis, esquecereino. Se mo explicas, lembrareino. Se me implicas, farémolo xuntos” Esta frase de Benjamin Franklin é un bo exemplo do que estar a ser a esencia de traballo da Bebeteca Ágora en relación ás Escolas Infantís insertas na área de influencia do noso barrio. Lembro que en maio de 2013, iniciouse un... Seguir lendo →