Bebencontros de maio na Bebeteca Forum

Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum: “La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras. “Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e ... Seguir lendo →

Con todos vostedes… un circo divertido!

O pasado sábado desfrutamos dunha fantástica tarde de circo con Daniel, Iago, Jacobo, Noa, Ricardo, Sabela e as súas familias. Aplaudimos aos malabaristas, rimos cos pallasos, pero coa entrada dos leóns, prodúxose un momento de tensión: Os leóns ensinan os dentes, pero... que domadores tan valentes! http://www.youtube.com/watch?v=-ZoI3-ZbvIw Encantounos este espectacular Juego del circo de Hervé Tullet.... Seguir lendo →

Somos rosas na Bebeteca do Forum (13-24 meses)

No sexto Bebencontro de 13 a 24 meses na Biblioteca do Forum, adicamos unha parte importante da sesión ao xogo relacionado coa lectura. Escollimos un conto do autor-ilustrador francés Hervé Tullet, Juego del circo (Kókinos, 2008), para narrar xogando este "conto circense" tan divertido. Que adentrou aos pequenos ao máxico mundo do circo, un gran... Seguir lendo →

Somos azuis na Bebeteca do Forum (13-24 meses)

No quinto Bebencontro na Biblioteca Forum Metropolitano, despois do conto "Un elefante se balanceaba", de Marianne Dubuc, animamos aos papás e mamás a balancear aos seus bebés. Os balanceos axudan a reforzar o sistema vestibular, que é o encargado de manter constantemente o noso equilibrio e regular a nosa postura. Todas as sensacións que temos... Seguir lendo →

Somos Lilas: de 13 a 24 meses

Este sábado, no Bebencontro da Biblioteca Forum Metropolitano, Iago, Inés, Jorge, Julia, Pablo Alcaide, Pablo Lagares e Vera, xunto a Riciños de Ouro, adentrámonos no bosque e coñecimos a casa dos tres osos. Tamén xogamos a escondernos co noso amigo Edu e os trasnos do bosque a ritmo de Rosa León. A ver que esconde... Seguir lendo →

Colorín, colorado

Un sábado máis e para finalizar un ano de Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano, contamos coa presenza de Carla, Inés, Sofía, Vera e Víctor xunto aos seus pais. Queremos agradecerlles que compartiran con nós unha tarde chea de música, poemas, contos e moitas cores, como as do arco da vella. Comezamos a sesión compartindo... Seguir lendo →

Pertiño, pertiño, …

O sábado pasado desfrutamos doutra sesión de Bebencontro de 1-2 anos na Biblioteca Forum Metropolitano. Antes de nada, queremos agradecer a Cristina, Enzo, Inés, Lúa, Nicolás, Xoel e ás súas familias a participación e a alegría que nos transmitiron. Nesta ocasión fomos rosas e enchimos a Bebeteca desa cor recitando un poema sobre o conto... Seguir lendo →

Vermello, vermellón… danos enerxía e poñémonos en acción

Unha tarde máis, na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano, desfrutamos dun Bebencontro cos "nenos maiores" da Bebeteca. Inés, Manuel, Martín, Nemiña, Xan e Xiana, xunto cos seus pais, compartiron con nós contos, cancións, instrumentos e xogos nunha tarde chea de maxia, onde a cor vermella tivo especial protagonismo.   Cun "Globo vermello" de Iela... Seguir lendo →

Azulín, azulón

E así, un sábado máis pasamos unha tarde moi especial na Bebeteca do Forum Metropolitano! Os nosos amigos: Daniel, Manuel, Mario, Vega, Vera e Solomon e as súas familias ademais de participar nos contos, nas poesías e nas cancións durante toda a sesión, puideron coñecer ao noso amigo Azulín, Azulón, "Azu" para os amigos. Este... Seguir lendo →

Le, canta e rima!

Durante o Bebencontro de 13 a 24 meses do pasado sábado na Biblioteca do Forum movimos moito o esqueleto. Fixemos moito deporte co  señor Coc e os seus amigos, movendo o corpo de dereita a esquerda e de diante a atrás. Como nesta sesión fomos AMARELOS, presentamos a un amigo desta cor: O polo Pepe.... Seguir lendo →

Move o teu corpo!

O sábado 30 de novembro tivemos a segunda sesión de Bebeteca de 13 a 24 meses. Ana, Clara, Claudia, Jimena, Leo e Telmo e as súas familias desfrutaron dunha sesión "moi movida", onde a cor laranxa tamén tivo o seu protagonismo. El naranja es fuerza y energía como comer una naranja al día. Las zanahorias... Seguir lendo →

Bbencontro 16 de noviembre Forum Metropolitano

Este pasado sábado la bebeteca del Forum Metropolitano se inundó de color azul. Nuestra mascota Beba nos regó con gotitas azules, el color de las nubes donde duermen las palabras con las que jugaron Jana, Pedro, Andrés, Lola, Victor y Mateo. Con ellos fuimos a visitar la casa del señor Coc y como era hora... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑