O sábado pasado desfrutamos doutra sesión de Bebencontro de 1-2 anos na Biblioteca Forum Metropolitano. Antes de nada, queremos agradecer a Cristina, Enzo, Inés, Lúa, Nicolás, Xoel e ás súas familias a participación e a alegría que nos transmitiron.
Nesta ocasión fomos rosas e enchimos a Bebeteca desa cor recitando un poema sobre o conto de Rosa y Trufo e co conto dos Tres porquiños, rosas todos eles, achegamos aos máis pequenos ao mundo dos contos clásicos.
O poder da música vai máis alá das palabras. Estando en familia xenera un vínculo entre pais e fillos, rodeando ao neno de sensacións e sentimentos. Na Bebeteca, achegamos a música ás familias, non só con este fin, senón para “axudar” aos nenos a socializarse e compartir entre todos aprendizaxes, alimentando a súa imaxinación e creatividade.
En todas as sesións recibimos aos nenos cunha canción de benvida, onde cada un deles é protagonista. Tamén afianzamos conceptos a través da música, desta volta quixemos estar moi pertiño e moi lonxe coa canción La Ronda de los Conejos.
Se queredes soñar un pouquiño, sentádevos nun sillón,
abride un conto a modiño, que comeza a función.
Se queredes ver o moito que desfrutamos podedes consultar a nosa galería fotográfica no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña. A continuación vos deixamos unha pequena mostra de como foi a sesión.
Deixar unha resposta