Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →
“Contos do chupete” con Migallas Teatro.
O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →
CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.
Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Seguir lendo →
Semana da Música Infantil na Feira do Libro de A Coruña 2014.
A Feira do Libro de A Coruña abre as súas portas desde mañá, 1 de agosto, e ata o 10 de agosto, nos xardíns de Méndez Núñez. Conta cunha variada programación para todos os públicos e terá un horario de apertura moi amplo, de 11 a 14 e de 18 a 22 h. E, a partir... Seguir lendo →