Se o teu bebé ten entre 0 e 12 meses achégate á Biblioteca Infantil e Xuvenil para pasar unha tarde chea de descubrimentos e aloumiños.
A través dos contos e da música axudarémoslles a descubrir o seu propio corpo.
Cantaremos, sentiremos e disfrutaremos todos xuntos, porque os máis pequenos tamén poden descubrir un novo mundo na lectura.
A actividade realizarase o xoves 13 de xuño ás 17.30 h.
Inscrición: presencial, dende o xoves 6 de xuño na propia Biblioteca Infantil e Xuvenil, no seu horario de apertura (16.00 – 21.00 h.)
Corre, voa, porque as prazas son limitadas!
Para ir abrindo boca, aquí tedes unha mostra do que podedes atopar nas Bibliotecas.