Nada mellor para o fresquiño que moverse para entrar en calor, e así foi como o pasado sábado o Señor Coc fixo de anfitrión na Biblioteca de Ágora con dúas sesións de movemento, música e rutinas na máis pura tradición de Eva Nasarre.
Xa falando máis en serio, xs 19 pequenxs que asistiron a ás dúas sesións de Bbencontro do sábado 21, ficaron abraiadxs e sorrintes grazas a
Muévase, señor Coc! (Jo Lodge. Edelvives, 2011), un conto para disfrutar en movemento e con música de fondo. Seguindo os movementos do crocodilo Coc, nais, pais e pequenxs contorneáronse coma vermes, pisaron coma elefantes, axitaron os brazos coma paxaros e incloso trabaron coma crocodilos! E por esto de continuar cos crocodilos e para axudar a durmir ao Sr. Coc despois de tanta excitación e exercicio, nada mellor que Cocodrilo (Antonio Rubio e Óscar Villán. Kalandraka, 2005), un conto con ritmo, que axuda a memorizar as cores por repetición.
E así, entre conto e conto, chimpo e chimpo e historias varias, pasou un sábado de Bbencontro movido, rimado e bailado, e sobretodo compartido. E se queredes ver algunha das instantáneas do momento, non dubidedes en entrar no Flickr das Municipais e desfrutar do ambiente que se creou!
Deixar unha resposta