Non podemos negar que na equipa infantil da Biblioteca de Ágora somos moi fans da diferencia. E eu, persoalmente, non podo evitar ser moi fan de Gilles Deleuze. Cando era hora de preparar o post e pensaba en sobre que escribir para definir a sesión de bebencontros que tivemos para clausurar o curso 2015-2016, á miña cabeza viuse a imaxe de Diferencia e Repetición, un libro orixinalmente publicado no 1968 no que a diferencia é sinónimo de cambio, de contraposición a repetición, de avance.

Como parte dunha contorna máis que diferente, cremos nunha identidade diferente, unha identidade que non existe previamente senón que flúe, transfórmase e enriquécese na medida en que novas diferencias vanse sumando a este pedazo de terra no que traballamos, vivimos, respiramos, paseamos e, sobretodo, achegamos a lectura. Podemos falar da diferencia como leitmotiv? Pois en parte debemos confesar que si, porque gústanos acoller a quen veña e recibir os cambios que todas esas novas persoas acheguen a unha contorna tan viva como mutante, sen prexuizos de perder unha tradición senón lembrándoa e avanzando para seguir a facer outra.
Para estas alturas quizais non lembredes, pero estou a falar do que existe detrás da sesión de clausura do programa de Bebeteca na biblioteca de Ágora. E de feito decidimos decir ata pronto dun xeito diferente, diferente ao resto das sesións, e falando da diferencia como necesidade e forma de buscar novos lugares, conformar novos espazos nos que a diferencia faga que o espíritu sexa máis libre.
Olga de Dios sabe perfectamente que a diferencia é

sen dúbida unha riqueza global, e por iso escribiu Monstruo Rosa (Apila, 2013), un libro que non deixa de funcionar entre pequenxs e maiores. E nós pensamos que se debe a que todxs nós somos/temos sido/seremos monstruos rosas que buscan o seu lugar e non cansan ata vivir cun sorriso continuo cando entendemos que a riqueza é a que da escoitar a quen non é coma un·ha mesmx.
É por iso que este post é tamén diferente, máis que o relatorio dos contos contados ou das aventuras do Monstruo Rosa. Este post é unha forma de agradecer a participación de todxs vós como usuarixs e dxs vosxs peques como público obxectivo do programa por parte dun grupo mutante, diferente e diferenciado individualmente, que traballa coa finalidade de que as historias non queden atrapadas nas paredes da biblioteca, senón que traspasen cada muro de hormigón e cada parede de ladrillo para crear lugares diferentes, creativos, mellores, libres de pensamento e de sentir emocións.
Sin máis, vémonos no curso que ven. Saúde e grazas a todxs!
Deixar unha resposta