Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →
“Medo me da”, en CantoConto!
Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →
Voute papar! en CantoConto!
Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →
Cos avós en CantoConto!
Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →
Hola, doutor! en CantoConto!
Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →
Meu amor estoupa! en CantoConto!
“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións. Os cativiños... Seguir lendo →
CantoConto!: Xa son maior!
Como xa adiantamos nun post anterior, neste mes de outubro, inauguramos un novo programa nas Bibliotecas Municipais adicado a nenos e nenas de 2 e 3 anos e as súas familias: CantoConto! A lectura favorece un mellor desenrolo afectivo e psicolóxico nos nenos, dálles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que desfrutan, maduran e... Seguir lendo →