O tempo de confinamento por mor do COVID-19 vaise prolongar durante un tempiño mais e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos compartindo con todas as nais e país recursos educativos para que os nenos e nenas sigan aprendendo na casa sen aburrirse e gozando da aprendizaxe. Nesta entrada recompilamos unha selección de webs e... Seguir lendo →
No día Día Internacional do Libro Infantil 2020 convén lembrar…
Dende que decretaron o Estado de Alarma e nos vimos coas crianzas na casa, o que máis ou o que menos recibiu indicacións da escola, do Ministerio, das editoriais, dos escritores, dos ilustradores, dos artistas, dos mediadores, dos artistas e das bibliotecarias de cómo fomentar a lectura e crear hábito lector na familia. Pois ben,... Seguir lendo →
Aprender xogando: recursos para nais e pais, 1
Esta tempada de confinamento que nos obriga a estar encerradas nas nosas casas, de seguro a preocupación polo mantemento do ritmo formativo dos nosos fillos está presente na meirande parte dos fogares. As novas tecnoloxías están a xogar un papel fundamental convertíndose en grandes aliadas axudándonos a nós, nais e pais, nesta tarefa. Dende as... Seguir lendo →
“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…
As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →
#AsBibliotecariasContan desde a casa!
Hai unha semana lanzabamos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña a proposta #AsBibliotecariasContan, unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla. De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As bibliotecarias... Seguir lendo →
As bibliotecarias contan… #QuedanaCasaeLe
Nestes tempos de confinamento a lectura volvese un dos maiores aliados para loitar contra o aburremento e a desidia, e se falamos da xente miúda, aínda máis. Os contos son das mellores menciñas que podemos tomar para viaxar, sen sair da casa, e os contacontos unha das xoias do entretenemento. Por iso, inauguramos unha nova... Seguir lendo →
Linguaxe e bebé
A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →
Lecturas para regalar aos máis cativos
Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de "Historias de regalo" onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán... Seguir lendo →
Mellor sen pantallas
Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes. Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas: “Para los niños menores de 18 meses,... Seguir lendo →
As Bibliotecas están de aniversario!
Hoxe, 24 de outubro, as Bibliotecas están de cumpreanos, xa que dende o ano 1997 a "Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil" promove a celebración do Día da Biblioteca tal día coma hoxe. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil, e Beba non quería ser menos neste aniversario así que vos... Seguir lendo →
O Recuncho de Beba
Hoxe 23 de abril é o día do libro e desde a Bebeteca do Fórum presentámosvos “O recuncho de Beba” un espazo para aprender, compartir, explorar, descubrir e gozar coa Literatura Infantil, da man da nosa Beba. "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." - Emily Dickinson. Os contos son un recurso... Seguir lendo →
Contos no Samaín
Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos. Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón... Seguir lendo →