O Nadal é unha época de agasallar e pasar tempo coa familia, desfrutar das amizades, compartir… por iso, desde a Biblioteca Fórum queremos transmitir valores que van máis alá do material. A continuación, vos deixamos un decálogo no que poderedes atopar opcións de lectura e cinema para aproveitar o tempo libre de Nadal cos vosos... Seguir lendo →
Escoita en galego
Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades, a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19, onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e a literatura,... Seguir lendo →
Celebramos o día do libro infantil e xuvenil
Un 2 de abril de 1805 nacía o escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos infantís. En 1967 a International Board on Books for Young People (IBBY) elixiu esta data para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. As Bibliotecas Municiapais da Coruña con motivo deste día tan sinalado para nós,... Seguir lendo →
SomosPro!
Na biblioteca Forum estamos de aniversario, o noso centro de interese CienciaPro cumpre tres anos! A ciencia é a explicación para todo… ou case todo… ofrécenos solucións para os desafíos e porqués da vida cotiá e tamén axúdanos a responder aos grandes misterios da humanidade. Noutras palabras, é unha das vías máis importantes de acceso... Seguir lendo →
Boas Festas!
Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →
A xogar!
Mediante o xogo as e os bebés poden expresar as súas emocións, os seus pensamentos e os seus sentimentos, tamén lles serven para relacionárense co mundo que as/os rodea, achegándolles benestar e un desenvolvemento positivo. Co xogo estimulan o desenvolvemento: social, afectivo, cognitivo, motriz e lingüístico. Segundo Piaget, desde o nacemento ata os dous anos... Seguir lendo →
Tempo de rutinas
Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros. As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez... Seguir lendo →
“Mamás Marabilla”
Aínda que foi variando a data da súa celebración ao longo dos anos, este domingo celébrase o Día da Nai. Unha efeméride que ten a súa orixe na mitoloxía grega, onde se rendía honras a Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente, os romanos honraron á divindade de Cibeles a través da festa Hilaria.... Seguir lendo →
Un agasallo para todos os papás
O concepto de paternidade mudou substancialmente durante o século XXI. Actualmente, o papel que os pais asumen na crianza das fillas e dos fillos é moito máis amplo e non só ten que ver co apoio económico. É unha evolución positiva que "ten un impacto directo en varios factores, como a convivencia, a redución da... Seguir lendo →
Contos e Entroido
Cando as/os nenas/os xogan a disfrazarse viven as súas historias imaxinarias coma se fosen realidade. Un xogo simbólico que é moi importante, pois a/o nena/o desempeña outros roles imitando situacións que observa na vida real. Trátase dunha actividade que ademáis de para pasalo ben, serve para estimular a súa creatividade, imaxinación, intelixencia e, tamén, amplían... Seguir lendo →
Boas Festas!
Agardamos que o pasedes o mellor posible este Nadal. E que estes tempos difíciles se poidan esquecer pronto. As Bibliotecas Municipais da Coruña, queremos estar ao voso carón para vos axudar a atopar pequenos tesouros literarios que agasallar nestas datas. Estas recomendacións verédelas incluídas na Guía de Nadal que fixemos este ano, agardamos as desfrutedes!... Seguir lendo →
Beba’s menú
O sentido do gusto desenvólvese moi pronto no bebé, a partir do quinto mes de embarazo o feto inicia a educación das súas papilas. Segundo o que come a nai, o bebé descobre as diferenzas de sabor entre o doce, o salgado, o amargo e o acedo. Pero debemos seguir aos poucos ampliando a súa... Seguir lendo →