“Imos durmir”, en CantoConto!

Non, non se trata dun convite para pasar a noite nas bibliotecas, aínda que algún día igual nos animamos! Pero si que foi unha tarde especial na que falamos cos nenos e as familias da hora de ir para a cama. De cando en vez, este momento se nos atragoa a todos: por preguiza, porque... Seguir lendo →

“Libro de familia” en CantoConto!

Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Seguir lendo →

CantoConto!: “Quérote Moito!”

Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →

O son e o silencio

  Os elementos da formación auditiva son o son e o silencio, que forman parte da educación dos sentidos. Debemos axudar aos nenos para descubrir estes elementos e experimentar con eles. Nestas sesións de bebeteca traballamos estes dous conceptos a través dos contos (Tierra a la vista, señor Coc! de Jo Lodge; Unha ra? de... Seguir lendo →

Voute papar! en CantoConto!

Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →

Cos avós en CantoConto!

  Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →

Un Nadal D.I.Y.

Poucas son as loas que escoitamos do Inverno habitualmente, mais non dos días máis escuros desta estación...O Nadal. Pois precisamente porque o Inverno non só son frío, choiva e vento que corta, nós facemos  fincapé nese momento de días cortos nos que poder perderse na escuridade das noites frías ao lado do mar ou pasear co... Seguir lendo →

Hola, doutor! en CantoConto!

Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →

Meu amor estoupa! en CantoConto!

“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións. Os cativiños... Seguir lendo →

Isto aquí remata!!! 10 anos de Os Nosos Contos

  Onte,  xoves 28 de maio, foi a derradeira  Festa Final de Os Nosos Contos, vivimos momentos moi emotivos e de reencontro con compañeiras que estiveron en ONC e agora xa non están (Emma, Gema, Vero, Chus e Memé), entre todas quixemos facer un tributo ás familias que cada quince días, os xoves, veñen ás... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os bebencontros do 23 de maio

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 23 de maio, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Sábado23 de maio, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade) Sábado 23 de maio ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (25 prazas compartidas co seguinte tramo... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o bebencontro do 9 de maio na Biblioteca Fórum

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 9 de maio, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas) PRAZAS AGOTADAS Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑