Reserva de entradas para o contacontos de 2 a 4 anos Contos enCantos na Biblioteca Castrillón

Para facilitarvos a tarefa de conseguir as entradas para os contacontos dos máis pequenos, a partir de hoxe,  permitimos as reservas de convites para participar na actividade para nenos de 2 a 4 nos, Contos enCantos na Biblioteca Castrillón. a través deste blog, pero se prefires podes achegarte a calquera das Bibliotecas Municipais e alí... Seguir lendo →

Le, canta e rima!

Durante o Bebencontro de 13 a 24 meses do pasado sábado na Biblioteca do Forum movimos moito o esqueleto. Fixemos moito deporte co  señor Coc e os seus amigos, movendo o corpo de dereita a esquerda e de diante a atrás. Como nesta sesión fomos AMARELOS, presentamos a un amigo desta cor: O polo Pepe.... Seguir lendo →

Os Nosos Contos: contacontos para nenos de 2 a 6 anos

Si teu peque está a puntiño ou xa superou os 24 meses, idade máxima destinada para os nosos bebencontros, Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con actividades de continuidade para pequenos lectores. A Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano  dende fai máis 9 anos desenvolve o programa de animación lectora Os Nosos Contos destinado a nenas e nenos de... Seguir lendo →

Verde que te quero verde…

O sábado pasado tivemos a derradeira sesión de 2013 na Bebeteca da Biblio do Forum Metropolitano. Despedimos o ano con enerxía e vitalidade xunto aos "maiores" da Bebeteca e as súas familias.  Amosáronnos  que son uns expertos nas habilidades corporais e no desenrolo do movimento. Subimos e baixamos  a granxa do Señor Coc, reforzando os conceptos... Seguir lendo →

Contacontos para nenos de 5 a 7 anos: Emocións que veñen de fóra

Queredes pasar unha tarde chea de emocións e sentimentos? Pois, hoxe achegámosvos un contacontos para os irmáns maiores dos vosos bebés, xa que está dirixido para nenos de entre 5 e 7 anos. Terá lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o vindeiro Venres 20 de decembro ás 18:00h. O conto escollido para pasar esta... Seguir lendo →

Os contos de Romaric: contacontos en inglés para nenos de 3 a 7 anos

Hoxe compartimos unha proposta de actividade para nenos entre 3 e 7 anos que terá lugar o vindeiro Martes 10 de decembro ás 18.30 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil : "Os contos de Romaric" un contacontos en inglés onde os nenos maiores de 3 anos poderán aprender un pouquiño de inglés dunha forma divertida con... Seguir lendo →

Bbencontro da Biblioteca Infantil o 21 de novembro

Outro día máis, bebés e familias gozaron na Biblioteca Infantil e Xuvenil  dunha nova sesión de Bebeteca adicada aos máis pequenos, de 0 a 12 meses. Nesta ocasión Claudia, Emma, Sofía, Cristina, Nicolás, Víctor, Daniella, Andrés e Solomon aprederon novas cancións, retahilas, onomatopeias, conceptos e xogos  de man do Señor Coc, a súa granxa e... Seguir lendo →

Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!

O pasado xoves na Biblioteca Municipal  Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses. Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas. Coñecemos ao pequeno Edu co libro " ¿Qué esconde... Seguir lendo →

Disfrutamos cos Nanocontos!

O pasado sábado 28 de setembro disfrutamos das historias que Nano, a través da man de Raquel Queizás, nos contou na Sala Infantil da Biblioteca do Forum Metropolitano. Disfrutamos dun espectáculo estimulante para as habilidades espaciais e psicomotrices dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para eles. Mostra desta actividade e do ben que... Seguir lendo →

Todo un mundo de emocións na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O xoves pasado, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, pequenos e maiores desfrutamos dunha tarde chea de aloumiños, contos, cóxegas e cancións. Coñecimos a Mauro, o protagonista do conto "Mauro necesita un abrazo" de David Melling; e aprendimos con "Todos los mimos" de Alex Sanders, que os animais tamén se queren moito.

“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.

Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: "Imos cazar un oso", "A ra da boca grande", "Sambalelé" e "Señor Coc", entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos!... Seguir lendo →

Todo un mundo de emocións

Para comezar o curso con agarimo na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o xoves 26 de setembro ás 18:00h invitámosvos a compartir connosco unha tarde chea de emocións. Unha actividade plantexada para os máis pequenos, de entre 12 e 24 meses, na que descubriremos novas experiencias, cantaremos e disfrutaremos dos contos. As prazas son limitadas porque non... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑