A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos. Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses... Seguir lendo →

Fiando Letras: lectoescritura

Como resposta á numerosa demanda que os usuarios e usuarias manifestan habitualmente con respecto á letra fiada, a Biblioteca Municipal Ágora propón un espazo permanente adicado a unha parte importante dentro do sistema de aprendizaxe fundamentado na Lectoescritura infantil. Concebindo este tipo de grafía como un apartado destacable, aínda que non único dentro da aprendizaxe... Seguir lendo →

Falamos? Escoitar ás familias para medrar con elas

Que a lectura de contos aos máis pequenos dende o seu nacemento é un xeito de estimular a adquisición da linguaxe e das capacidades comunicativas, é unha recomendación que como Bibliotecas con programas e espazos adicados aos bebés levamos facendo nos últimos anos. O reforzamento deste consello, chegaba a finais do mes de xuño nun... Seguir lendo →

Medrando entre contos!

Hai xa oito meses que puxemos en marcha as sesións de promoción lectora dirixidas ao público miúdo: os BbEncontros! Ata entón, máis dun centenar de bebés entre os 4 e 24 meses, acompañados das súas respectivas familias, tiveron a oportunidade de coñecer o noso espazo, quitar os zapatos e tirarse no tapete de cores para... Seguir lendo →

O mundo de Eric Carle

Unha noite, á luz da lúa chea, atopouse un ovo enriba dunha folla verde. Nada máis saír o sol… PLOP!!! do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira… Na Bbteca Ágora comezamos un novo ciclo! Deixamos atrás a Jo Lodge e ao seu Señor Coc para desfrutar con novas e emocionantes aventuras da man... Seguir lendo →

Contos que camiñan con Escolas que contan

Bebescolas de Barrio             Respirar o entorno, coñecelo, que nos coñezan, darlle forma a vínculos que darán froitos futuros e presentes. Esta semana visitamos a Escola Infantil do Ventorrillo, a máis numerosa e diversa da nosa zona de influencia, e ata alí trasladamos un recunchiño da Bebeteca Ágora, coa finalidade de achegarnos a tod@s aqueles... Seguir lendo →

BBESCOLAS

Coñecer, colaborar, participar e DESCUBRIR “Había unha vez unha Biblioteca chamada Ágora, que pensou no imprescindible que sería para poñer en marcha a dinamización da súa bebeteca, falar coas escolas de educación infantil de primeiro e segundo ciclo da súa área de influencia...” Este, que podería ser o inicio dunha historia inventada, presentóuse como un... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑