Xa temos todo preparado para a posta en marcha da nosa Bbteca!! Como esta sesión é especial, inauguraremos co espectáculo PA CAMA de Katarsis Educación e Teatro o vindeiro sábado, día 19 ás 11:30h. Os convites (50 entradas) repartiranse mañá ás 10.00 h.
LUCES, CÁMARA, ACCIÓN…
Lembrade para todos aqueles bebés que teñan entre 0 e 24 meses e queiran asistir, mañá poderán retirar a súa entrada nun formulario neste blog.
O ESPECTÁCULO COMEZA XA!!!
O meu fillo ten 25 meses, signifa iso q Non pode asistir??
Saudos
Ola Alba!, debido a gran demanda o programa dos Bbencontros abarca dos 0 aos 2 anos, lamentamos ter que acotar dalgunha forma, e por iso para os nenos maiores de 24 meses temos a vosa disposición duas alternativas:
.: Os nosos contos na Biblioteca Forum: https://www.facebook.com/events/206438219537597/?ref=5
.: Contos encantos na Biblioteca Castrillón: https://www.facebook.com/events/545783675510571/?ref=5
Esperamos veros nalgun destes eventos que se celebran os xoves cada 15 días.