… ou a necesidade de transmitir afecto e cariño
Falar de All You Need Is Love é retroceder no tempo, viaxar ata os anos 60 e festexar un canto á liberdade, á paz e ao amor
da man dos coñecidos Beatles. Mais para nós, falar de All You Need Is Love supón compoñer unha nota a maiores. É a necesidade de educar no afecto, de ensinar a querer, de facer aos pequenos e pequenas conscientes das súas sensacións afectivas, do cariño, do amor… partindo sempre do apoio, da comprensión, da motivación e do reforzo positivo. En definitiva, dotar das ferramentas necesarias que conformen e favorezan a autoestima e as habilidades sociais dos nenos e nenas.
Sinxelas accións como xogar, cantar ou ler xuntos/as serven para que vós, como adultos, poidades brindarlles aos bebés múltiples mostras de afecto.
Nós, como Bebeteca e como espazo adicado ao fomento da lectura dende idades temperás, temos a necesidade de reforzar a importancia do conto como vehículo diario de comunicación. Un medio que, á marxe de compartir historias, permite desfrutar de momentos únicos que contribúen ao reforzo das relacións afectivas entre grandes e pequenos/as.
Con todo esto en mente, propuxémonos centrar o contido do pasado Bbencontro na expresión da afectividade mediante os contos.
A través dunha escolma específica gozamos de 30 minutos cheos de emocións, sensacións e afectos que tiveron como fío condutor dúas historias tenras e animadas que expresan e manifestan sentimentos: Con locura e Si eres feliz y lo sabes, á vez que proporcionamos varios recursos bibliográficos cos que seguir fomentando o hábito lector no fogar.
Agardámosvos no seguinte Bbencontro con novas e apaixonantes lecturas… and remember that L.O.V.E is all we need 😉

Que divertida y amorosa fue esta sesión!! Lo pasamos fenomenal y descubrimos algún cuento muy bonito. Los pomperos un exitazo!! Muchas gracias!
Moitisísimas grazas a vós! O desfrute foi mutuo, un verdadeiro gusto 😉
Esperámosvos no seguinte BbEncontro!