Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?... Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →
LIX e LGTB #AsMunicipaisEntenden
· 53 Christopher Street. Greenwich Village - New York · Os Disturbios de StoneWall (28 de xuño do 1969) marcaron un inicio a prol do colectivo LGTB e ao recoñecemento dos seus dereitos. Dende entón e cada mes de xuño, conmemórase tal reinvindicación coa celebración do Día do Orgullo. BIBLIOTECA: LIX E DIVERSIDADE SEXUAL LGTB... Seguir lendo →
Charla-obradoiro sobre porteo
Dentro do ciclo de charlas de Biblioteca Verde "Simplemente Vive" , o día 29 de marzo ás 19.00h., na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, adicámosllo ao porteo. Sendo conscientes do contacto "pel con pel", do apego, dos agarimos, aloumiños que lles damos aos nosos bebés, e do que conleva telos en brazos moito tempo, coidamos... Seguir lendo →
A música impacta no cerebro do teu bebé
Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo)... Seguir lendo →
Os previos tamén son importantes
No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia. Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias). E que son? Son lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás. Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao... Seguir lendo →
Live · Love · Green
"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →
Agasalla cun conto
O pasado mes de novembro tivemos a segunda sesión dos Bebencontros da Biblioteca Forum. Como é xa habitual, os contos clásicos estiveron presentes en cada unha das sesións. Nesta ocasión adaptamos “Caperucita roja” e “Los tres cerditos” e introducimos melodías para acompañar a narración. Tampouco faltaron os animais nas historias que contamos, como por exemplo,... Seguir lendo →
Contamos coas mans
Coa chegada do mes de outubro, mes de magostos, de castañas, de follas caídas, de cores ocres… comezamos os bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Os sábados 15 e 29 tivemos na bebeteca uns convidados moi especiais xunto coas súas familias. Todos xuntos contamos e cantamos coa boca e coas mans, porque narrar coas mans é... Seguir lendo →
Os esqueletos visitan a Bebeteca Ágora
Conta a lenda celta que, fai moitos anos, na noite do día de defuntos, os espíritos dos mortos camiñaban ceibes polo noso mundo, mentres os vivos gozaban dun gran banquete. Era a noite do Samaín. A tempada de colleitas chegaba ao seu fin e dábase a benvida ao escuro inverno. Este ano os espíritos decidiron... Seguir lendo →
… unha achega ás estrelas!
"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →
All You Need Is ICE-CREAM
Chega o período estival e lugares como a sombra dunha árbore ou a beira do océano son espazos perfectos para que grandes e pequenxs se unan en torno á lectura. Nas vosas mans un par de meses de descanso e desconexión; con tempo dabondo para fomentar o hábito lector e sentir a lectura como pracer,... Seguir lendo →
Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil
Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Seguir lendo →