En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos; durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar... Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos, escoitamos atentamente o... Seguir lendo →
CantoConto!: “Trasnadas”
Estos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de "non". Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: "¡Más te vale, mastodonte!", de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar... Seguir lendo →
Concerto “Fíos do querer” para público de 1 a 5 anos
O próximo martes 22 de novembro terá lugar o concerto "Fíos do querer" na Biblioteca de Monte Alto. Para nenos e nenas de 1 a 5 anos.
Masaxe para bebés na sesión final dos Bebencontros do Forum
Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada, non nos queremos despedir sen antes agradecer a todas as familias, ás que puideron e ás que non puideron asistir, agradecer a vosa confianza e participación. Nesta última sesión abordamos o tema da masaxe infantil. Contamos coa experiencia de Carla Console para realizar esta derradeira sesión da tempada.... Seguir lendo →
“Festa Final” en CantoConto!
Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan... Seguir lendo →
Bebencontros de maio na Bebeteca Forum
Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum: “La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras. “Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e ... Seguir lendo →
Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.
"Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?..." O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde... Seguir lendo →
Día do libro e de bebencontro.
Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun... Seguir lendo →
23 DE ABRIL: Un bebencontro alado na biblioteca de Ágora.
Resulta polo menos intrigante chegar a pensar na relación directa que pode existir entre o Día do Libro e os paxaros. Se a esa relación lle engadimos a presenza dxs nosxs bebés polo medio, chegamos a un punto no que as palabras parecen voar sin sentido dun lado a outro. Mais en realidade, todo esto... Seguir lendo →
“Qué susto!”, en CantoConto!
"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Seguir lendo →
“Medo me da”, en CantoConto!
Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →
Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés
Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →