Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos.
Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o nacemento e os 6 anos é cando se forma a personalidade; aquí xoga un papel moi importante a estimulación temperá.
Neste desexo de achegarvos todas aquelas ferramentas dispoñibles nas bibliotecas decidimos traballar con diferentes contos, libros, cds musicais… Aquí vos deixamos unha mostra:
¡Muevase, Señor Coc!, da ilustradora e escritora Jo Lodge, co que a través dos
movementos dos diferentes animais imos descubrindo as partes do noso corpo: o tronco, as pernas, os brazos…
Co libro Bebé Feliz de Sheena Meredith aprendemos unhas posturas de ioga moi divertidas, que axudan ao desenvolvemento, liberación da tensión…
Ademáis coñecemos novas historias como Los diez Amigos, libro descatalogado do escritor e ilustrador Ziraldo, co que aprendemos cantos dedos temos en cada man, como se chama cada un e a que lles gusta xogar.
Rematamos a ximnasia cunha canción moi divertida, movendo todo o corpo, rematamos cansos, pero cun sorriso na cara. Aquí vola deixamos para que movades o esqueleto: “Mueve tu cuerpo”
Para despedir estas sesións tan estimulantes que mellor que unha canción dun dos nosos libro-discos preferidos
Té, Chocolate e café do grupo Golfiños

Adeus, goodbye, ciao, aburiño
Adeus, au revoir, arrivederchi
Adeus, goodbye, ciao, aburiño
Adeus, goodbye, adeus, adeus
Adeus, adeus, adeus, adeus
Bicos ós meus, bicos ós teus
Ata mais pronto, ata mais ver.
Non esquezades que podedes descubrir moitas outras cousas interesantes nas Bibliotecas Municipais, visitándonos ou a través do noso catálogo web.
Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do que foron as sesións, e recordade que sempre as poderedes voltar ver na galería de Flickr que temos as Bibliotecas.
Deixar unha resposta