Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →
Un Nadal D.I.Y.
Poucas son as loas que escoitamos do Inverno habitualmente, mais non dos días máis escuros desta estación...O Nadal. Pois precisamente porque o Inverno non só son frío, choiva e vento que corta, nós facemos fincapé nese momento de días cortos nos que poder perderse na escuridade das noites frías ao lado do mar ou pasear co... Seguir lendo →
Bebencontros de novembro na Bebeteca Forum
No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que,... Seguir lendo →
Hola, doutor! en CantoConto!
Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →
Meu amor estoupa! en CantoConto!
“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións. Os cativiños... Seguir lendo →
Abraiate con Bebescena.
Por terceiro ano consecutivo, o centro Ágora énchese de estímulos para xs máis cativxs. A programación de Bebescena volve a convidar a todas as familias a participar dunha programación ideada para xs peques de 1 a 3 anos mais que inclúe a toda a familia. Dende este domingo 27 con Berços de electrónica e ate Decembro,... Seguir lendo →
As Escolas Infantís enchen a Biblioteca Ágora
Sete escolas infantís (Parrulos Ventorrillo, Xénese, Bicos, Nazaret, Galiña Azul Ventorrillo, Agra do Orzán e Carme Cervigón Padre Rubinos) e máis de douscentos pequenos foron os protagonistas das nosas mañás do mes de maio na Biblioteca Ágora. Ao longo de nove días compartimos co profesorado, as familias e parte do persoal das escolas da nosa... Seguir lendo →
Isto aquí remata!!! 10 anos de Os Nosos Contos
Onte, xoves 28 de maio, foi a derradeira Festa Final de Os Nosos Contos, vivimos momentos moi emotivos e de reencontro con compañeiras que estiveron en ONC e agora xa non están (Emma, Gema, Vero, Chus e Memé), entre todas quixemos facer un tributo ás familias que cada quince días, os xoves, veñen ás... Seguir lendo →
¡Eso es todo amigos!
El pasado sábado 23 de mayo, en la biblioteca del Forum Metropolitano, hemos despedido esta temporada de Bebencontros con una sesión conjunta para los bebés de 0 a 24 meses, donde la magia de las palabras que habitan en los cuentos reinaron durante toda la sesión, a través de las voces de los bibliotecarios. En estos siete meses... Seguir lendo →
“Cantacontos para bebés” na biblioteca Monte Alto, con Pablo Díaz.
Hai uns días, na biblioteca Monte Alto, tivemos a inmensa ledicia de recibir a un dos nosos artistas favoritos: Pablo Díaz. Co seu espectáculo "Cantacontos para bebés" trata temas e rutinas dos máis pequenos, onde a fantasía e a ilusión son os protagonistas. Pablo, como xa é habitual nel, cantou e contou contos con moita tenrura e... Seguir lendo →
Magín Blanco. Bbencontro Os Rosales 14 de marzo.
O próximo sábado 14 de marzo ás 11h, gracias o programa de animación á lectura nas bibliotecas "Ler conta moito", terá lugar un novo Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales. Unha vez máis achegaremos os máis pequenos e as súas familias á música en vivo e en directo. Nesta ocasión o noso invitado é Magín... Seguir lendo →
Unha achega ao “diferente”
É un feito que vivimos nun mundo globalizado, rodeados dun enorme abano de culturas que se mesturan para conformar unha identidade heteroxénea. Pero tamén é unha realidade que formamos parte desa grande diversidade, incluídos os nosos bebés, e percibímola no día a día: falando na escola, xogando no parque ou camiñando polo barrio. É importante... Seguir lendo →