Comezan os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2015-2016 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura... Seguir lendo →

Abraiate con Bebescena.

Por terceiro ano consecutivo, o centro Ágora énchese de estímulos para xs máis cativxs. A programación de Bebescena volve a convidar a todas as familias a participar dunha programación ideada para xs  peques de 1 a 3 anos mais que inclúe a toda a familia. Dende este domingo 27 con Berços de electrónica e ate Decembro,... Seguir lendo →

READ & PLAY lecturas divertidas

Libros durante o verán? Sen dúbida, unha excelente opción para manter as destrezas de lectura e a imaxinación ocupada durante o descanso escolar. Accións como xogar, crear ou simplemente comunicarse a partir dun conto, axúdannos a gozar da lectura e incorporala como un hábito na nosa rutina diaria. Dende a Biblioteca Municipal Ágora presentámosvos “Read... Seguir lendo →

O 17 de maio máis noviño

Estamos xa na semana do 17 de maio, Día das Letras Galegas, e desde este blog queremos aproveitar a data para falarmos de algo que nos incumbe e nos apetece poñer en común con todas e todos vós: a produción cultural infantil en lingua galega e a súa vizosa realidade actual. En efecto, duns anos... Seguir lendo →

“Pas de Deux” cun flamengo

Non é a primeira vez que a Biblioteca Municipal Ágora quere rendirlle homenaxe ao Día Internacional da Danza. De feito dende o comezo da nosa andaina, aló polo 2012, incidimos nun concepto amplo da danza apostando por esta disciplina artística dende un punto de vista participativo e divulgativo. Mostras bibliográficas, obradoiros de danza creativa de 0... Seguir lendo →

I Xornadas sobre Atención e Aprendizaxe

Co obxectivo de estudar as diferentes etapas evolutivas do/a neno/a ata a etapa de lateralización, aclarar as dúbidas que existen en torno á importancia da lateralidade e o seu diagnóstico, o centro de psicoloxía Attendere organiza as I XORNADAS SOBRE ATENCIÓN E APRENDIZAXE. Estas xornadas, dirixidas a nais, pais, educadoras/es e profesionais dos ámbitos do desenvolvemento... Seguir lendo →

Bebeteca Ágora, así nos ve a mocidade

“Todos son benvidos” Con estas palabras encabezaba un artigo hai uns anos Barbara J.Ford, a ex presidenta da Asociación de Bibliotecas Americanas e directora durante moitos anos do “Centro Mortenson” da Universidade de Illinois, especializado en fortalecer os lazos internacionais entre bibliotecarios. Pois ben, dende a Biblioteca Ágora facemos nosas estas palabras e, como biblioteca pública con... Seguir lendo →

Fiando Letras: lectoescritura

Como resposta á numerosa demanda que os usuarios e usuarias manifestan habitualmente con respecto á letra fiada, a Biblioteca Municipal Ágora propón un espazo permanente adicado a unha parte importante dentro do sistema de aprendizaxe fundamentado na Lectoescritura infantil. Concebindo este tipo de grafía como un apartado destacable, aínda que non único dentro da aprendizaxe... Seguir lendo →

Presentación de Té, chocolate, café na Biblioteca Infantil

Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz son os compoñentes do grupo Golfiños, e Té, chocolate, café a súa proposta para xogar cos máis pequenos a través das cantigas, brincadeiras e aloumiños. Este sábado, ás 12:00 h. estarán na Biblioteca Infantil e Xuvenil para presentarnos o seu libro-cd, agarimoso todo el, divertido e cunhas ilustracións tenras... Seguir lendo →

Lotes de Recursos de Lectura na Biblioteca Ágora

A cousa vai de lotes, e nunca mellor dito, xa que ás coñecidas mochilas viaxeiras/bebelotes que temos á vosa disposición nun amplo número de Bibliotecas Municipais, sumaranse a partires  do próximo luns 20, un total de cinco bolsas de contido específico,  nas que atoparedes unha selección de documentos relacionados coa experiencia lectora de profesionais, familias, educadores, etc.... Seguir lendo →

Comezan os bebencontros nas nosas bibliotecas

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2014-2015 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da... Seguir lendo →

Zdĕnek Miler nos novos lotes de Ágora

Se falamos de Zdĕnek Miler,   é probable que de entrada non coñezamos a este autor europeo de mediados do século pasado, pero se dicimos “Mole” , de seguro que nos virá á cabeza a pequena toupiña que o creador checo deseñou alá polos anos 50 e que tivo un éxito parello ao de Mickey Mouse en... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑