El lago de los chanchos

Reseña de Elena Álvarez El lago de los chanchos. James Marshall, Maurice Sendak. Editado por Kalandraka. Velaí un lobo esfamado na busca dunha presa coa que encher o bandullo. Tan escuálido e desastrado ía que lle chamaron can vello. E abofé que ben o parecía, e non un lobo feroz. Co orgullo ferido continuou o... Seguir lendo →

Bo Nadal!

O Nadal é unha época de agasallar e pasar tempo coa familia, desfrutar das amizades, compartir… por iso, desde a Biblioteca Fórum queremos transmitir valores que van máis alá do material. A continuación, vos deixamos un decálogo no que poderedes atopar opcións de lectura e cinema para aproveitar o tempo libre de Nadal cos vosos... Seguir lendo →

Escoita en galego

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades, a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19, onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e a literatura,... Seguir lendo →

Yo las quería

Reseña de Elena Álvarez Texto: Maria Martínez i Vendrell Idea e ilustracións: Carme Solé Vendrell Esta é a historia dunha nena de fermoso pelo recollido en dúas longas trenzas. Son o seu orgullo, a súa distinción. Mamá tamén as admira, mágoa que agora non poida peitealas, non se atopa ben, e ninguén sabe facelo como... Seguir lendo →

O xogo dramático

Para conmemorar o día mundial do teatro (27 de marzo) e dentro do festival literario das Bibliotecas "Primaletras" o xoves 31 de marzo ás 19:00  temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano  “O xogo dramático” , impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio. Trátase dun Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos realizaranse dinámicas arredor... Seguir lendo →

Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

A xogar!

Mediante o xogo as e os bebés poden expresar as súas emocións, os seus pensamentos e os seus sentimentos, tamén lles serven para relacionárense co mundo que as/os rodea, achegándolles benestar e un desenvolvemento positivo. Co xogo estimulan o desenvolvemento: social, afectivo, cognitivo, motriz e lingüístico. Segundo Piaget, desde o nacemento ata os dous anos... Seguir lendo →

Tempo de rutinas

Co fin do verán volven as rutinas para todas e todos e, aínda que nos pareza aburrido, para as e os bebés as rutinas resultan moi beneficiosas xa que con elas desenvolvemos ambientes tranquilos que lles fan sentirse seguros. As e os bebés gozan de todo aquilo que sexa repetitivo, pídennos unha e outra vez... Seguir lendo →

Beba en busca do canto das baleas

Fai un par de días que podemos gozar do verán, unha estación que resulta ideal para as/os máis pequenas/os, unha época vacacional para que gocen de novas experiencias e xogos ao ar libre, aproveitando esa fonte de vitamina D que o sol lles proporciona para que os ósos crezan fortes e sans. Estes días de... Seguir lendo →

“Mamás Marabilla”

Aínda que foi variando a data da súa celebración ao longo dos anos, este domingo celébrase o Día da Nai. Unha efeméride que ten a súa orixe na mitoloxía grega, onde se rendía honras a Rea, nai dos deuses Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente, os romanos honraron á divindade de Cibeles a través da festa Hilaria.... Seguir lendo →

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2021

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil concidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY promove dende 1967 esta celebración coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY... Seguir lendo →

Un agasallo para todos os papás

O concepto de paternidade mudou substancialmente durante o século XXI. Actualmente, o papel que os pais asumen na crianza das fillas e dos fillos é moito máis amplo e non só ten que ver co apoio económico. É unha evolución positiva que "ten un impacto directo en varios factores, como a convivencia, a redución da... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑