Hoxe 23 de abril é o día do libro e desde a Bebeteca do Fórum presentámosvos “O recuncho de Beba” un espazo para aprender, compartir, explorar, descubrir e gozar coa Literatura Infantil, da man da nosa Beba. "Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." - Emily Dickinson. Os contos son un recurso... Seguir lendo →
50 anos dunha eiruga moi larpeira
Eric Carle (Siracusa, Nova York, 25 de xuño de 1929) escritor e ilustrador de libros infantís estadounidense e criado en Alemaña. Ilustrou máis de setenta libros, e vendeu 88 milleiros de copias. Este ano celébrase o 50 aniversario da Pequena Eiruga Larpeira convertido en todo un clásico da literatura infantil. O libro amosa como unha... Seguir lendo →
Os favoritos de… para xente miúda de 3 a 7 anos
Este 2019 estamos de estrea e comezamos cun novo programa de animación á lectura para nenos e nenas entre 3 e 7 anos "Os favoritos de..." onde un convidado moi especial compartirá coas familias os seus contos e historias favoritas. Sete serán os artistas que visitarán as bibliotecas, de febreiro a maio: Raquel Queizás, Soledad Felloza, Pakolas, Pablo... Seguir lendo →
As vacinas
"Se dice que las vacunas salvan cada año millones de vidas humanas. Que han reducido significativamente la incidencia de muchas enfermedades infecciones logrando que vivamos más y mejor y que la salud de otros depende de que tú te vacunes. " López-Goñi, Ignacio; Iturbide, Oihana. ¿Funcionan las vacunas?. Pamplona: Next Door Publishers, 2017. Premio Prisma... Seguir lendo →
Volve CantoConto
Xa chegou, xa está aquí de volta CantoConto!!! Algún de vós xa gozou con algunha das sesiones de CantoConto o ano pasado, pero outros non, así que cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros, tomade nota deste programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura:... Seguir lendo →
Contos no Samaín
Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos. Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón... Seguir lendo →
“Contos do chupete” con Migallas Teatro.
O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →
Comezan os Bebencontros 2018/19
Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2018-2019 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebés de 0 a 24 meses a oportunidade... Seguir lendo →
Radio BuleBule na Biblioteca da Sagrada Familia
Paco Nogueiras vén presentar o próximo 4 de outubro na Biblioteca Sagrada Familia, "Radio Bulebule", o seu novo traballo despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda... Seguir lendo →
A igualdade a través dos contos: o meu corpo é meu
Unha das preguntas máis recurrentes que recibimos as bibliotecarias é a que ten que ver con recomendacións de lecturas para traballar ou explicar éste ou outro tema aos cativos e cativas. E un dos temas que máis inquedanzas está xenerando é o de como contribuir a igualdade e a coeducación entre nenos e nenas a... Seguir lendo →
A música ocupa un lugar destacado nas bibliotecas
Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos… Desde o principio da actuación... Seguir lendo →
Sesión final. Encontro sensorial
Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada con un encontro sensorial no que os bebés e as familias desfrutaron cos contos que espertan os cinco sentidos. Agradecémosvos a vosa participación e confianza. Recordade que nós seguimos na Biblioteca Fórum para o que precisedes. En setembro publicaremos no blog o calendario de actividades da próxima... Seguir lendo →