Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2017-2018 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebes de 0 a 24 meses a oportunidade... Seguir lendo →
Disciplina positiva: educar con paciencia
El próximo miércoles 13 en el Centro Cultural de A Fábrica tendrá lugar una charla gratuita sobre Disciplina Positiva, a cargo de María Soto Álvarez de Sotomayor, logopeda certificada por la “Positive Discipline Association”: La Disciplina Positiva es una metodología basada en la teoría de Alfred Adler y Rudolf Dreikurs. El Dr. Adler en 1920... Seguir lendo →
BbLinguas: aprendizaxe sen fronteiras
«Se falas cunha persoa nun idioma que comprenda, chegas á súa cabeza. Se falas con ela no seu idioma, chegas ao seu corazón» Nelson Mandela Os bebés comprenden o que sucede no seu entorno antes de poder falar. A súa capacidade de adquirir coñecementos é prodixiosa, desde os primeiros meses de vida apreciamos como a... Seguir lendo →
Un verán con libros para os máis pequenos
Nas Bibliotecas Municipais sabemos que nunca é demasiado cedo para introducir os contos na vida dos máis pequerrechos, amosándolles historias, e proporcionándolles estímulos que acrecenten a súa curiosidade polos libros e a "vida" que conteñen. Por iso, no noso catálogo web poderedes atopar moitos recursos destinados a estos "miniusuarios". Aquí tendes unha selección dalgúns dos títulos... Seguir lendo →
Mans arriba… crab revolution!
Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?... Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Seguir lendo →
LIX e LGTB #AsMunicipaisEntenden
· 53 Christopher Street. Greenwich Village - New York · Os Disturbios de StoneWall (28 de xuño do 1969) marcaron un inicio a prol do colectivo LGTB e ao recoñecemento dos seus dereitos. Dende entón e cada mes de xuño, conmemórase tal reinvindicación coa celebración do Día do Orgullo. BIBLIOTECA: LIX E DIVERSIDADE SEXUAL LGTB... Seguir lendo →
Grazas por vir e… por favor, volvede!!
Hai unha lección fundamental que desde pequenxs nos prepara para saber dar as grazas, pedir as cousas por favor e pedir perdón cando se fai algo mal. Aprendemos que esas “palabras máxicas” son a base de todo, porque fan do mundo un sitio máis amable e acolledor. Non como simples fórmulas de cortesía, senón como base... Seguir lendo →
CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.
Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Seguir lendo →
CantoConto!: “Érase unha vez… un bosque”.
E pasiño a pasiño chegamos a última sesión de CantoConto! deste curso; antes, por suposto, da gran festa final que se celebrará en breve nas catro bibliotecas: Fórum (18 de maio), Sagrada Familia (23 de maio), Monte Alto (24 de maio) e Castrillón (25 de maio). En breve teredes máis información, estade moi atentos. Nesta... Seguir lendo →
“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum
O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Seguir lendo →
CantoConto!: “Non hai maneira”
Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Seguir lendo →
Unha Dola Tela Catola!
Sen teléfonos móbiles e con volta á infancia, camiñamos nunha mesma liña chea de palabras, xogos e moita rima! Non é a primeira vez que facemos referencia ao traballo desenvolto coas Escolas Infantís da contorna (BbEscolas), mais si é a primeira que falamos dun traballo específico-mediador dirixido ao estudantado superior dos CIFP da nosa área... Seguir lendo →