Paula Bossio nas Bebescolas de Ágora

Deseñadora gráfica, con recoñecementos internacionais de ilustración como o Noma de Xapón (2002-2004) ou o Katha da India (2010), este ano, o programa de Bebescolas da Biblioteca Ágora , adicóulle as súas sesións á ilustradora colombiana Paula Bossio. Máis dun centenar de nenos e nenas de catro centros de ensino da nosa contorna (Bicos, Nazaret,... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 22 e 24 de maio

Os bebencontros desta semana clausuran as sesións da bebeteca das Bibliotecas Ágora e da Infantil e Xuvenil, polo que se trata dunhas sesións especiais onde a música e os libros estarán tamen presentes: Para bebés de entre 0 e 12 meses Xoves 22 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (8 prazas)... Seguir lendo →

Hervé Tullet e a liberdade sensorial.

Xogar é un verbo. Nós non o sabemos ata que crecemos e comezamos a entender a linguaxe, toda esa estructura modal de comunicación que disque nos fai ser diferentes aos animales. O xogo, outra categoría gramatical, unha forma de achegarse ao mundo mediante estímulos non necesariamente comprensibles, senón sensoriais, eu vexo, eu escoito, eu sinto...... Seguir lendo →

Contos en Danza

Hoxe, día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza! Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión. Con carácter... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 24 e 26 de abril

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Sábado 26 de abril, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) COMPLETO Para bebés de 13 a 24 meses Xoves 24 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) COMPLETO Sábado 26 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal... Seguir lendo →

Pan de millo…tiro-liro!

Coa chegada da Primavera veunos o cheiro do prado e deunos en pensar na chea de cousas que de pequenxs desfrutabamos nas nosas casas, nas dxs nosxs avxs, correndo ou choutando polos prados ou entre os penedos, xogando ás agachadas nos faiados.  Saborear un pouco da imaxinería tradicional e achegar formas de desfrute en vías... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 20 e 22 de marzo

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Xoves, 20 de marzo, ás 18 horas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Sábado 22 de marzo, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 22 de marzo, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 20 e 22

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Sábado 22 de febreiro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Para bebés de 13 a 24 meses Xoves 20 de febreiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Sábado 22 de febreiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros do 23 e 25 de xaneiro

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Xoves 23 de xaneiro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Sábado 25 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Sábado 25 de xaneiro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade)... Seguir lendo →

Fiu, boing, plas!: Bbencontro 21 Decembro Biblioteca de Ágora

Nada mellor para o fresquiño que moverse para entrar en calor, e así foi como o pasado sábado o Señor Coc fixo de anfitrión na Biblioteca de Ágora con dúas sesións de movemento, música e rutinas na máis pura tradición de Eva Nasarre. Xa falando máis en serio, xs 19 pequenxs que asistiron a ás... Seguir lendo →

Oso pardo, oso pardo que ves? Un obradoiro para bebés

Cans brancos, ovellas negras e katarsis nas estrelas... Unha vez máis, a pasada semana, a compañía Katarsis Educación e Teatro amosou na Biblioteca Ágora, todas as potencialidades que ofrece a simbiose educación-teatro para iniciar aos bebés nos seus primeiros contactos co mundo dos contos. Espertamos dentro dunha bañeira con auga na que os protagonistas da... Seguir lendo →

De novo…Katarsis na biblioteca de Ágora: Obradoiros de lectura para bebés

Se facedes un pouco de memoria, hai xa case un par de meses que inauguramos a bebeteca de Ágora coa visita da compañía Katarsis, que viu facernos pasar un moi bo rato co seu espectáculo Pacama. Pois ben, despois da súa viaxe polo continente americano, o día 14 de Decembro estarán de volta con nós,... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑