Hai tempo que tiñamos ganas de compartir con vós un post centrado nas músicas que empregamos nas sesións da nosa Bbteca, tanto para poñermos en común a importancia que nós lle outorgamos ao emprego da música como ferramenta comunicativa cara aos bebés como tamén pola posibilidade que abre para sabermos a vosa opinión sobre a... Seguir lendo →
As Escolas Infantís enchen a Biblioteca Ágora
Sete escolas infantís (Parrulos Ventorrillo, Xénese, Bicos, Nazaret, Galiña Azul Ventorrillo, Agra do Orzán e Carme Cervigón Padre Rubinos) e máis de douscentos pequenos foron os protagonistas das nosas mañás do mes de maio na Biblioteca Ágora. Ao longo de nove días compartimos co profesorado, as familias e parte do persoal das escolas da nosa... Seguir lendo →
Nocturno e O Lápis na despedida de Ágora
O mellor de cando unha etapa chega ao seu fin, é que podemos iniciar outra con ilusión renovada tendo a experiencia do xa vivido na nosa maleta. Este é o caso da Bebeteca Ágora, que despois de dezaseis sesións e oito meses de traballo, di adeus da man da ilustradora colombiana Paula Bossio, desfrutando dun... Seguir lendo →
Medrando entre contos!
Hai xa oito meses que puxemos en marcha as sesións de promoción lectora dirixidas ao público miúdo: os BbEncontros! Ata entón, máis dun centenar de bebés entre os 4 e 24 meses, acompañados das súas respectivas familias, tiveron a oportunidade de coñecer o noso espazo, quitar os zapatos e tirarse no tapete de cores para... Seguir lendo →
Paula Bossio nas Bebescolas de Ágora
Deseñadora gráfica, con recoñecementos internacionais de ilustración como o Noma de Xapón (2002-2004) ou o Katha da India (2010), este ano, o programa de Bebescolas da Biblioteca Ágora , adicóulle as súas sesións á ilustradora colombiana Paula Bossio. Máis dun centenar de nenos e nenas de catro centros de ensino da nosa contorna (Bicos, Nazaret,... Seguir lendo →