Chega o período estival e lugares como a sombra dunha árbore ou a beira do océano son espazos perfectos para que grandes e pequenxs se unan en torno á lectura. Nas vosas mans un par de meses de descanso e desconexión; con tempo dabondo para fomentar o hábito lector e sentir a lectura como pracer,... Seguir lendo →
“Festa Final” en CantoConto!
Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan... Seguir lendo →
“Mamitis & papitis” en CantoConto!
Esta foi a derradeira sesión de CantoConto! que fixemos @s bibliotecari@s este curso. Eso sí, temos preparada unha sorpresa final, un concerto de Pablo Díaz para os peques para o que podedes reservar xa praza na web das bibliotecas municipais. Apurade que voan! E é que Pablo, un bo amigo das bibliotecas, acompañounos cada tarde... Seguir lendo →
Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.
"Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?..." O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde... Seguir lendo →
“Non, non e non” en CantoConto!
Estos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o... Seguir lendo →
“Qué susto!”, en CantoConto!
"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Seguir lendo →
“Imos durmir”, en CantoConto!
Non, non se trata dun convite para pasar a noite nas bibliotecas, aínda que algún día igual nos animamos! Pero si que foi unha tarde especial na que falamos cos nenos e as familias da hora de ir para a cama. De cando en vez, este momento se nos atragoa a todos: por preguiza, porque... Seguir lendo →
“Libro de familia” en CantoConto!
Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos. Para comezar ben a tarde,... Seguir lendo →
CantoConto!: “Quérote Moito!”
Qué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella... Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos! Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con "Imos contar un conto", unha exitosa canción que... Seguir lendo →
“Medo me da”, en CantoConto!
Esta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito... Seguir lendo →
Escolas que camiñan…
O programa de Bebescolas leva a desenvolverse 3 anos xa vencellado á Biblioteca Municipal de Ágora. Na súa andaina, moitas son as historias que quedaron no camiño, achegando a biblioteca ás escolas infantiles dos barrios do Ventorrillo e Agra como un espazo de encontro e descubrimento para xs máis pequenxs. Este mes de Xaneiro que... Seguir lendo →
Voute papar! en CantoConto!
Esta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida! Pero, primeiro... Seguir lendo →