A un mal virus un bo conto

Estes días estamos a vivir un pesadelo real que pensabamos que sò podìa ocorrer nun conto de ciencia ficciòn. Os máis pequenos  teñen en casa o que máis precisan para o seu desenvolvemento, aos seus pais, pero son capaces de percibir os cambios que se están producindo nas súas familias polo confinamento. Por iso  é fundamental que no... Seguir lendo →

“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…

As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia. Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos... Seguir lendo →

#AsBibliotecariasContan desde a casa!

Hai unha semana lanzabamos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña a proposta #AsBibliotecariasContan, unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla. De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As  bibliotecarias... Seguir lendo →

Aulas Galegas

Aulas Galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesores e profesoras que ofrecen contidos educativos de calidade, cun claro interese lúdico e creativo. Comezaron a súa andaina o venres 13 de marzo. Puxéronse en contacto para organizarse e traballar por seccións relacionadas coas distintas materias. Actualmente manteñen un calendario de publicacións para... Seguir lendo →

CantoConto!: Lembranzas

Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas. Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló! Antes de nada, pedirvos... Seguir lendo →

As bibliotecarias contan… #QuedanaCasaeLe

Nestes tempos de confinamento a lectura volvese un dos maiores aliados para loitar contra o aburremento e a desidia, e se falamos da xente miúda, aínda máis. Os contos son  das mellores menciñas que podemos tomar para viaxar, sen sair da casa, e os contacontos unha das xoias do entretenemento. Por iso, inauguramos unha nova... Seguir lendo →

Linguaxe e bebé

  A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias. O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.... Seguir lendo →

Este Nadal, parada obrigada as bibliotecas

Ven pasar este Nadal ás bibliotecas! A rede de Bibliotecas Municipais ten preparada unha chea de actividades para estas festas, toma nota e elixe a túa: martes 17 de decembro, CantoConto na Biblioteca Sagrada Familia, para público de 2 e 3 anos; xoves 19 de decembro, CantoConto na Biblioteca Castrillón, para público de 2 e 3 anos; venres... Seguir lendo →

Lecturas para regalar aos máis cativos

Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de "Historias de regalo"  onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán... Seguir lendo →

Mellor sen pantallas

Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes.   Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas:   “Para los niños menores de 18 meses,... Seguir lendo →

As Bibliotecas están de aniversario!

Hoxe, 24 de outubro, as Bibliotecas están de cumpreanos, xa que dende o ano 1997 a "Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil" promove a celebración do Día da Biblioteca tal día coma hoxe. No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil, e Beba non quería ser menos neste aniversario así que vos... Seguir lendo →

Bebencontros para este curso 19/20

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2019-2020 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros.... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑