Caricias con palabras. Bbencontro Os Rosales 16 de novembro

"Un conto é o don do afecto, son caricias con palabras"... e a que todos necesitamos caricias? Crocodilo. Antonio Rubio Herrero e Óscar Villán. Pontevedra: kalandraka, 2005 Un crocodilo de cor verde protagoniza o xogo de encadeados que se propón dende o texto e a ilustración. Animais orixinais (un crocodilo, un piollo) e elementos distintos (un castelo, un baúl,... Seguir lendo →

Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!

O pasado xoves na Biblioteca Municipal  Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses. Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas. Coñecemos ao pequeno Edu co libro " ¿Qué esconde... Seguir lendo →

Asi foi o Bebencontro 13-24 meses: “Somos Morados” na Biblioteca Forum Metropolitano

Comezamos os Bebencontros para os pequenos de 13 a 24 meses,  na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano. Nesta ocasión estiveron con nós na Bebeteca: Luis, Inés, Telmo, Leo, Martín, Bruno e as súas familias. Coñecimos ao Pequeno Edu, que nos amosou as partes da cara co libro "Qué esconde el pequeño Edu" de Linne... Seguir lendo →

Obradoiro de lectura expresiva para nais e pais

Na Biblioteca Municipal Ágora imos facer un OBRADOIRO DE LECTURA EXPRESIVA dirixido a nais e pais con nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Neste obradoiro queremos trasladar ás familias a esencia do programa Merendas con contos, poñendo en valor a aprendizaxe da lectura expresiva en tódalas súas formas. Aprenderemos a... Seguir lendo →

Todo un mundo de emocións na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O xoves pasado, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, pequenos e maiores desfrutamos dunha tarde chea de aloumiños, contos, cóxegas e cancións. Coñecimos a Mauro, o protagonista do conto "Mauro necesita un abrazo" de David Melling; e aprendimos con "Todos los mimos" de Alex Sanders, que os animais tamén se queren moito.

“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.

Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: "Imos cazar un oso", "A ra da boca grande", "Sambalelé" e "Señor Coc", entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos!... Seguir lendo →

Todo un mundo de emocións

Para comezar o curso con agarimo na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o xoves 26 de setembro ás 18:00h invitámosvos a compartir connosco unha tarde chea de emocións. Unha actividade plantexada para os máis pequenos, de entre 12 e 24 meses, na que descubriremos novas experiencias, cantaremos e disfrutaremos dos contos. As prazas son limitadas porque non... Seguir lendo →

Como potenciar a intelixencia emocional

É todo un mundo o que se presenta por diante cando falamos de emocións, e se se trata de emocións dos máis pequenos, xa falamos de todo un universo por descubrir. A intelixencia emocional dos nenos ven determinada en grande parte pola actitude dos pais; dende a concepción do ser humán como ser global no... Seguir lendo →

A creatividade ao seu alcance

Que vos parece se aproveitamos o verán para facer cos nenos o que durante o resto do ano non podemos? As vacacións sempre son unha boa época para facer todo aquelo que a axenda deixa na recámara, que se o traballo, que se a casa, o cole... Todo parece ir collendo eses minutos que tan... Seguir lendo →

Dos pés á cabeza

Se o teu bebé ten entre 0 e 12 meses achégate á Biblioteca Infantil e Xuvenil para pasar unha tarde chea de descubrimentos e aloumiños. A través dos contos e da música axudarémoslles a descubrir o seu propio corpo. Cantaremos, sentiremos e disfrutaremos todos xuntos, porque os máis pequenos tamén poden descubrir un novo mundo... Seguir lendo →

Sinxelas ideas de Xogo Sensorial

As Bibliotecas Municipais cremos na importancia que tanto a estimulación temperá como o xogo sensorial, teñen no desenvolvemento do bebé. Accións como observar un conto, escoitar unha melodia, ulir unha flor ou tocar o auga forman parte do proceso de aprendizaxe arredor do mundo que lles rodea. Son moitas as familias primerizas que visitan as... Seguir lendo →

Os peques visitan a Beba

Este mes tivemos unhas visitas moi especiais na Sala Infantil da Biblio do Forum. Visitáronnos as escolas infantís: Galiña Azul de Cambre, Kid's Garden da Zapateira e Galiña Azul de Culleredo (Tartaruga). Viñeron coñecer á Bebeteca onde puideron atopar á nosa mascota Beba. E da man dos bibliotecarios descubriron moitos dos personaxes que agocha a Bebeteca: o... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑