Festexamos o Día da Biblioteca e o 5º aniversario do Punto de Préstamo de Mesoiro cun contacontos

O Punto de Préstamo de Mesoiro acollerá o 24 de outubro un contacontos destinado a nenos e nenas entre 0 e 3 anos: Corochas. Con este contacontos queremos celebrar contigo os nosos 5 aniños de vida! https://videopress.com/v/HDjutGc2?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata&useAverageColor=true O Punto de Préstamo de Mesoiro cumpre 5 anos! Corochas é un espectáculo de pequeno formato da compañía... Seguir lendo →

Luces, CONTO e acción!

… escolas que contan! É a última fase presencial do programa prelector BbEscolas e na que o alumnado de 2 a 3 anos visita a Biblioteca Municipal Ágora -como espazo de encontro e descuberta- para coñecer a casa de Beba e as historias que se agochan nela. Durante este curso 2021/22, 165 crianzas e 21... Seguir lendo →

LEAMOS O BAILADO

"A danza comparte coa poesía, entón, a súa materia rítmica e sobre todo os efectos emocionais do ritmo sobre o corpo: pero, como unha síncope, unha coma, unha aposición, unha estrutura sintáctica determinada, poderían emocionarme? A emoción -dille a danza á literatura- é unha sintaxe corporal, un corpo articulado no tempo e nas tres dimensións do espazo" Paul... Seguir lendo →

100 %

Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices! E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e... Seguir lendo →

Lotes con lecturas para ler en familia este verán.

Ola familias! Ben sabedes que este verán vai ser diferente do que nos imaxinabamos hai uns meses. Pero hai cousas que non cambian, e unha delas é o gusto pola lectura no noso tempo libre. Con todo, o acceso ás bibliotecas municipais non é todo o doado que nos gustaría, e coidamos que levar préstamo... Seguir lendo →

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN

Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos.  Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →

AO PASO DOS VERSOS

Hoxe día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión. As Bibliotecas... Seguir lendo →

Mellor sen pantallas

Imaxes coma esta son habituais nos nosos fogares, bebés de menos de dous anos que pasan o tempo diante dunha pantalla antes que brincar cos seus xoguetes.   Pediatras, psicólogos, organizacións sanitarias… advirten do perigo que supón para as nosas e os nosos bebés usar as pantallas:   “Para los niños menores de 18 meses,... Seguir lendo →

Prende no colo: obradoiro didáctico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do Programa Apego, organiza un obradoiro didáctico "Prende no colo" o vindeiro 10 de maio (17 h.) para familias con crianzas de 0 a 3 anos da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego. PRENDE NO COLO é o título... Seguir lendo →

LIX e LGTB #AsMunicipaisEntenden

· 53 Christopher Street. Greenwich Village - New York · Os Disturbios de StoneWall (28 de xuño do 1969) marcaron un inicio a prol do colectivo LGTB e ao recoñecemento dos seus dereitos. Dende entón e cada mes de xuño, conmemórase tal reinvindicación coa celebración do Día do Orgullo. BIBLIOTECA: LIX E DIVERSIDADE SEXUAL LGTB... Seguir lendo →

Unha Dola Tela Catola!

Sen teléfonos móbiles e con volta á infancia, camiñamos nunha mesma liña chea de palabras, xogos e moita rima! Non é a primeira vez que facemos referencia ao traballo desenvolto coas Escolas Infantís da contorna (BbEscolas), mais si é a primeira que falamos dun traballo específico-mediador dirixido ao estudantado superior dos CIFP da nosa área... Seguir lendo →

Os previos tamén son importantes

No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia. Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias). E que son? Son  lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás. Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑